fbpx

Os autónomos e as empresas poderán aprazar durante seis meses o pago das súas cotas á Seguridade Social e o pago das súas débedas tamén se apraza até o 30 de xuño de 2020 -non haberá interese se non tiñan débedas previas ao estado de alarma-. A cota polos días non traballados en marzo será devolta na segunda quincena de maio, segundo informou a Tesouraría da Seguridade Social.

O ministro de Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, afirmou que "calquera autónomo que vise interrompida ou reducida de forma intensa ten dereito a unha prestación que polo menos vai chegar a 950 euros." Uns 900.000 autónomos empezaron a cobrar esta prestación extraordinaria o pasado venres, segundo destacou a ministra de Facenda, María Jesús Montero.

Máis de 919 mil autónomos recibirán este venres a prestación extraordinaria por cesamento de actividade. En xeral, as empresas seguen obrigadas a pagar a tempo as cotizacións e deben dar de alta e de baixa aos traballadores na Seguridade Social pese ao estado de alarma e a saturación dos Servizos Públicos de Emprego.


MÁIS INFORMACIÓN
Preguntas e respostas sobre medidas para autónomos COVID-19

Go to top