Entrega das Caixas Benvidas a vinte bebés nados entre xullo e setembro

23/11/2024

Vinte familias recibiron esta mañá a Caixa Benvida do Concello de Poio, un agasallo con produtos infantís para os coidados da primeira etapa, que entregou o alcalde Ángel Moldes ao bebés nados entre os meses de xullo e de setembro.

Moldes trasladou os mellores desexos de toda a corporación para Telma, Gaela, Lian Adriel, Chloe, Naira, Marc, Cloe, Arabia, Cheikh, Joel, Vega, Aílan, Jairoh, Leo, Graciela, Xoel, Noah, Nayeli, Alan e Iago: “sodes xa unha parte fundamental para o noso municipio”.

Ademais aproveitou a ocasión para agradecerlles que elixisen Poio “para establecervos, iniciar o voso proxecto de vida e formar a vosa familia”. Neste senso, recordou que é un concello mozo, un dos que ten a media de idade máis baixa e por iso, engadiu, “para este goberno as familias sodes unha prioridade. Temos unha aposta clara por impulsar iniciativas, servizos e infraestruturas que contribúan a mellorar a vosa calidade de vida”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio