En marcha unha nova edición do curso Galegas Dixitais, no que participan 23 mulleres

13/05/2024

O Concello de Poio inaugurou esta mañá o curso Galegas Dixitais, unha formación de dixitalización para mulleres no que participan 23 persoas.

“O obxectivo deste curso é mellorar a empregabilidade, impulsar o emprendemento e reducir a fenda de xénero”, explica o alcalde, Ángel Moldes, que xunto coa concelleira de Promoción Económica, Maritxe González, participaron no inicio do curso. Ademais, subliñou que todas as participantes recibirán gratis un ordenador portátil “co que realizar o curso e, unha vez rematado, poñer en práctica o que aprenderon”.

Este programa formativo, que se desenvolve no edificio Guardeses (Pazo Besada) ata o 21 de xuño, contempla tres bloques de 40 horas de duración cada un deles: competencias dixitais básicas, competencias dixitais avanzadas e competencias dixitais para o emprendemento. Ao completar as 120 horas do curso, entregaráselles un título oficial acreditativo.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio