2023.
Case cen persoas, nenos, maiores, xente do sector do mar… participaron na xornada organizada este sábado polo Concello de Poio e conseguiron retirar preto de tres toneladas de plásticos que durante os temporais chegaron ao litoral. Unha experiencia satisfactoria, segundo explicou o alcalde, Ángel Moldes, non só porque conseguiuse mudar a imaxe das praias e evitar que todos eses desperfectos volven ao mar, senón tamén porque con este tipo de iniciativa conséguese tomar consciencia dos danos e das consecuencias das nosas accións.
“Moitos nenos pequenos viron envases dos produtos que consumen e as mariscadoras explicáronlle os seus efectos”, sinalou o alcalde, destacando a dimensión divulgativo e de concienciación sobre as consecuencias do plástico, que mata e prexudica o planeta.
Mantas de aillamento e de obra, asentos de embarcacións, rodas, tubos, cordas, restos de bolsas… foron algunhas dos residuos retirados nunha xornada que comezou ás 9.00 horas, aproveitando a baixamar e que contou coa colaboración de Protección Civil de Poio. “A implicación de todas as persoas que participaron foi total, traballaron moi duro”.