Ángel Moldes recibe a estudantes de Poio, Sevilla e Barcelona que participan no proxecto “Rede de centros pola convivencia positiva”

03/06/2026

O Concello de Poio cofinancia este proxecto para o alumnado do municipio, cunha axuda ao IES de Poio.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, recibiron esta mañá na Casa do Concello ao alumnado do IES de Poio, do IES Joaquín Romero de Sevilla e do Institut Escola La Mina de Barcelona que participa no proxecto “Rede de centros pola convivencia positivo”. Un proxecto que se desenvolve no municipio por segundo ano consecutivo e que supón unha oportunidade para o alumnado que participa nel, porque permite compartir experiencias e boas prácticas noutros contextos, ao tempo que favorece a educación inclusiva, a innovación educativa e a creatividade.

Ademais de traballar no seu propio centro, nos últimos dous anos os tres centros educativos realizaron cinco mobilidades ás distintos concellos participantes. Despois de que o alumnado de Poio visitase Sevilla e Barcelona, agora tócalles ser anfitrións dos seus compañeiros de proxecto.

Durante a recepción, Moldes destacou que esta experiencia supón unha verdadeira oportunidade para o alumnado que participa no proxecto, unha porta para coñecer outras realidades e experiencias e unha motivación para seguir apostando pola educación e o coñecemento.

O Concello de Poio cofinancia este proxecto para o alumando do municipio, tras asinar un convenio de colaboración co IES de Poio. Tras a recepción na Casa do Concello, o alumnado visitou o Mosteiro e, xa pola tarde, realizará unha travesía pola ría en barco.

O proxecto “Rede de centros pola convivencia positivo”, do Ministerio de Formación e Educación Profesional, traballa a educación socioemocional para elevar as expectativas e a confianza social do alumnado participante, para non reproducir no centro as desigualdades da súa contorna e para impulsar neles un cambio cara unha vida mellor, que non pasa por abandonar as súas costumes nin renunciar á súa identidade, senón por rachar o círculo da probreza e da exclusión social.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio