ÁNGEL MOLDES INCORPÓRASE Á COMISIÓN DE SEGUIMENTO DE TAMBO, NA QUE SE AVANZOU O PLAN DE USOS E CONSERVACIÓN DA ILLA

12/01/2024

2023.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, participou a finais desta semana na Comisión Mixta para o seguimento da cesión demanial da Illa de Tambo, xunto co comandante director Pedro Cardona e outros responsables da Escola Naval Militar de Marín e técnicos municipais. Neste primeiro encontro no que participa o rexedor, Moldes avanzou o novo plan de usos e conservación da Illa, un documento fundamental para desenvolver proxectos que poñan en valor o lugar. Como explicou, o obxectivo principal é garantir a conservación e protección dos recursos naturais, culturais e inmateriais deste espazo natural, e promover tamén novos usos de acordo co carácter público do lugar.

Nesta liña, insistiu Moldes, “o novo Goberno quere conservar a illa e facela disfrutable dun xeito completamente sostible, garantindo en todo momento a súa preservación e respectando a súa historia”. Así, neste plan de usos e protección identificaranse os valores naturais e patrimoniais do territorio, incluíndo zonas de importante biodiversidade, paisaxes, xacementos arqueolóxicos, patrimonio arquitectónico e cultural, e definiranse tamén zonas de conservación prioritarias para protexer os valores naturais, proporcionar áreas protexidas e reservas naturais.

E, ademais, inclúense novos usos, centrados no carácter público da illa, para que se poida visitar e disfrutar do lugar preservando a súa esencia e beleza, e revalorizando Tambo en todas as súas dimensións: desde o valor histórico do seu patrimonio edificado ou dos seus xardíns, ser un centro pioneiro en recuperación ambiental e da biodiversidade, motor de actividades para o mar, educativas e científicas, ou de turismo respectuoso co territorio.
Tamén durante a comisión de seguimento, Moldes explicou e informou dalgunhas das actividades e do gasto realizados durante os meses de verán, e que contribúen a poñer en valor a illa, pero tamén a impulsar e axilizar a súa adquisición. Ademais, o alcalde deu conta do compromiso do Goberno galego para colaborar co Concello de Poio na posta en valor de Tambo. Así, precisou que xa acordou colaborar coa adecuación do castro, e tendeu a man para catalogar os bens patrimoniais que contén a illa e tramitará con dilixencia a súa declaración como Espacio Natural de Intereses Local (ENIL) en canto sexa presentada polo concello.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio