O alcalde de Poio, Ángel Moldes, entregou ao piragüista Diego Piñeiro un agasallo en nome do Concello de Poio como recoñecemento ao éxito colleitado en setembro no Mundial de Maratón que se disputou en Croacia, onde o poiense, deportista de alto nivel desde o ano 2019, acadou a medalla de bronce na modalidade de C1, culminando deste xeito unha grande tempada.
Moldes salientou que Poio é berce de grandes deportistas en múltiples disciplinas: “cada un dos vosos éxitos son o noso orgullo. Es un exemplo de traballo, constancia e compromiso”. Por último, trasladoulle os mellores desexos para a tempada próxima.