Aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de xuño na Aula Cemit de Poio

24/05/2024

Inclúen formacións en libreoffice impress, manexo das redes sociais, canles de whatsapp, robótica e conversor de archivos, así como sesións para exercitar a memoria e ocio a través de internet.

A Aula CeMIT de Poio lanza a nova programación para o mes de xuño, na que se inclúen cursos de informática en libreoffice impress, iniciación ao manexo das redes sociais, sesións para exercitar a memoria e ocio en internet para maiores de 55 anos, comunidades e canles de whatsapp, conversor de arquivos e de robótica e informática para rapazada.

Ademais, tamén se ofrecen titorizacións e prácticas de reforzo, un servizo gratuíto e presencial para resolver dúbidas e tratar de axudar ás persoas que necesitan orientacións con algunha ferramenta tecnolóxica, como por exemplo o ordenador portátil, a tableta, o teléfono móbil ou mesmo internet. Estas titorizacións estarán dispoñibles os mlunsartes, de 18.30 a 19.30 horas.

A maiores, calquera usuario que o desexe pode facer uso da aula aberta, que estará dispoñible para o acceso libre todos os mércores, con cita previa, de 16.30 a 20.30 horas, e os luns, martes e xoves, de 19.30 a 20.30 horas.

Todas as actividades son gratuítas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web https://cemit.xunta.gal, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na propia Cemit.

CALENDARIO E HORARIOS

O curso Libreoffice impress desenvolverase os luns e xoves, de 16.30 a 18.30 horas, na que o alumnado aprenderá as funcións de procesamento de textos e autoedición.

“Inicio ao manexo das redes sociais” impártese os martes 4, 11 e 18 de xuño, de 16.30 a 20.30 horas, mentres que o xoves 6, de 18.30 a 20.30 a aula estará reservada para o exame presencial na plataforma EMA. O xoves 13, de 18.30 a 19.30 horas o alumnado achegarase ás comunidade e canles de whatsapp, e o xoves 20, aprenderán a converter arquivos noutros formatos.

“Exercita a túa memoria e Ocio en internet” impártese todos os venres de xuño, de 16.30 a 20.30 horas. Está destinado ás persoas maiores de 55 anos para favorecer a estimulación cognitiva a través de internet e aprender a manexarse en páxinas de xogos online de xeito seguro, realizar puzzles para mellorar o seu desenvolvemento cognitivo e emocional, así como a usar chats e redes sociais.

Por último, a semana de xuño, coincidindo coas vacacións escolares, organizaranse dúas sesións para a rapazada, sobre informática e robótica o martes 25 e xoves 27.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio