ABERTAS AS INSCRICIÓNS NOS DEZ CURSOS GRATUÍTOS QUE A AULA CEMIT DE POIO ORGANIZA EN DECEMBRO

13/01/2024

2023.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, ofrece á cidadanía durante o mes de decembro dez cursos gratuítos en habilidades dixitais. En total, a aula de novas tecnoloxías impartirá 49 horas de formación. 

Os cursos comezarán xa este venres, día 1, coas formacións “Videoconferencias online”, que comezará ás 16.00 horas e na que se explicará o funcionamento de diferentes plataformas que ofrecen este servizo, e “Uso seguro do ordenador e do móbil”, a partir das 17.30 horas, no que se informará e aconsellará aos asistentes sobre bos hábitos á hora de usar o ordenador e o teléfono móbil, así como as medidas de seguridade que están dispoñibles para protexerse.

Entre o luns 4 e o xoves 7 celebrarase a actividade “Iniciación ao procesador de textos LibreOffice Writer”, ás 16.00 horas, no que o usuario aprenderá a crear e modificar un documento, darlle un formato básico, gardalo e imprimilo. “Trámites online” será o luns 4, ás 17.30 horas, e neste curso verase o  diferentes tipos de trámites que se poden realizar vía online e mediante as apps dos teléfonos móbiles smartphone: entre outros, pedir cita previa, obter a vida laboral ou descargar formularios de solicitudes. O martes 5, ás 17.30 horas, impartirase “Merca de xeito seguro na rede”, no que os participantes coñecerán as posibilidades das compras por internet e a identificar as páxinas seguras para realizar compras sen riscos. 

“Xeoposicionamento con openstreetmaps (OSM)”, desenvolverase o xoves 7 ás 17.30 horas. Verase o funcionamento desta aplicación web de código aberto, coñecida como a Wikipedia dos mapas, e que  permite xeolocalizar e rexistrar os diferentes elementos que se poden atopar na rúa: edificios, cafeterías, papeleiras, xardíns, bancos…. para que poidan ser consultados polo resto de usuarios.

Do luns 11 ao venres 15 celebrarase o curso “Procesador de Textos LibreOffice Writer, nivel medio”. Explicarase como aplicar formatos avanzados, modificar as propiedades do documento, traballar con táboas e elementos gráficos e coñecer máis en profundidade as ferramentas máis utilizadas. 

Na semana do 18 ao 22 de decembro, organizaranse dous cursos. O primeiro, “Edición de imaxes con Gimp”, impartirase ás 16.00 horas, e permitirá ao usuario coñecer o funcionamento deste programa gratuíto  así como as ferramentas básicas de deseño. “Follas de Cálculo con Libreoffice calc (nivel medio)”, desenvolverase a partir das 17.30 horas, e os usuarios aprenderán a aplicar formatos condicionados, inserir gráficas ademais e posibilidades esta app.

Todos os cursos son gratuítos, están destinados a maiores de 14 anos e impártense presencialmente na propia aula. Nas inscricións terán preferencia as persoas residentes en Poio, e xa se poden facer a través da páxina web https://cemit.xunta.gal, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na propia Cemit, situada en Combarro.

Ademais, calquera usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa. As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades. 

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio