A PROBA DA BOLSA DE EMPREGO DE LIMPEZA SERÁ O VENRES 22 DE DECEMBRO

13/01/2024

2023.

As 120 persoas aspirantes para formar parte da bolsa de emprego para persoal de limpeza do Concello de Poio farán a proba de selección o venres 22 de decembro, ás 12.00 horas no IES de Poio. 

O tribunal cualificador reunirase este luns, 11 de decembro, para determinar que tipo de exame van ter que realizar, unha información que se publicará posteriormente no taboleiro de anuncios da web municipal (concellopoio.gal).

Despois de seis anos desde que se constituíu a bolsa de emprego no posto de limpeza, a lista xa non é operativa, e por iso faise necesario convocar un novo proceso selectivo que permita dar resposta ás necesidades do servizo. O concurso-oposición inclúe unha proba e unha valoración de méritos. Segundo a puntuación obtida, os participantes formarían parte dunha lista á que se recorre para substituír baixas, incapacidades temporais ou xubilacións. 

A lista estará formada por un máximo de trinta persoas. Actualmente, o persoal de limpeza traballa nas oficinas municipais, tanto na Casa do Concello, como no Pazo Besada, oficinas da Policía Local ou Casa Rosada, así como nas instalacións deportivas, nos locais culturais, no centro de saúde e nos colexios de infantil e primaria.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio