A AULA CEMIT DE POIO AMPLÍA AS SÚA OFERTA PROGRAMANDO OITO CURSOS EN OUTUBRO, ENTRE OS QUE SE INCLÚEN ROBÓTICA, IMPRESIÓN 3D OU COMMUNITY MANAGER

12/01/2024

2023.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, programou para o mes de outubro oito cursos novos de habilidades dixitais coas que amplía a súa oferta formativa, todas elas gratuítas, entre as que destacan procesadores de texto e de cálculo, impresión 3D, robótica, posicionamento web, iniciación ao community manager ou compras seguras na rede.

Do luns 2 ao venres 6 de outubro, de 16.00 a 17.30 horas, desenvolverase o curso “Iniciación ao procesador de textos libreoffice writer”, un curso imprescindible para redactar documentos, modificar un texto, dárlle formato, gardalo e imprimilo.

Tamén o luns 2 de outubro, e ata o mércores 11, levarase a cabo a formación “Iniciación á impresión 3D”, no que se verá o uso e funcionamento das impresoras 3D, unha tecnoloxía que estase a estender entre os usuarios e que comeza a converterse en algo cotiá. O horario será de 17.30 a 19.30 horas.

“Merca de xeito seguro na rede” impartirase o venres, 13 de outubro, de 17.30 a 19.30 horas. O obxectivo é facilitar as ferramentas e os coñecementos para garantir que os usuarios identifiquen as páxinas seguros e realicen compras por internet evitando riscos.

Para manexar as follas de cálculo con libreoffice prográmanse dúas accións segundo o nivel do usuario. Así, do luns 16 ao venres 20, entre as 16.30 e as 17.30 horas, impartirase un curso de iniciación para coñecer o funcionamento e os conceptos básicos dunha folla de cálculo, así como aplicar sinxelas fórmulas, modificar documentos… E entre o luns 23 e o venres 3 de novembro, de 16.00 a 17.30 horas, desenvolverase un curso de nivel medio, na que aprenderán a aplicar formatos condicionados, inserir gráficas, así como outras posibilidades que ofrece esta aplicación de software libre.

“Introdución á robótica” desenvolverase do luns 16 ao venres 20 de outubro, e traballarase coa plataforma de software e hardware libre Genuino, que permite crear pequenos dispositivos robóticos. Ao finalizar o curso, os usuarios coñecerán os conceptos e a filosofía da
plataforma libre Arduino e da RaspBerry Pi mediante a realización de varios exercicios prácticos nos que se amosan as posibilidades destas plataformas. O curso desenvolverase en horario de tarde, de 17.30 a 19.30 horas.

Do luns 23 ao venres 27 programouse o curso “Iniciación ao community manager”, no que se ofrecerán pautas para manter visitantes na páxina web da empresa, para xestionar as reaccións nos foros e redes sociais e par coidar a imaxe da empresa en internet. O horario do curso será tamén de tarde, de 17.30 a 19.30 horas.

Por último, “Iniciación ao posicionamento web (SEO)” realizarase entre o 30 de outubro e 3 de novembro e farase un achegamento aos conceptos e ferramentas que permiten mellorar a posición de busca de nos resultados dos buscadores, tendo así máis oportunidades para que visiten a páxina.

Todos os cursos son gratuítos, están destinadas a maiores de 14 anos e impártense presencialmente na propia aula. Nas inscricións terán preferencia as persoas residentes en Poio.

Ademais, desde o Concello de Poio recordan que a partir de outubro a aula de acceso libre cambia de horario, e estará aberta de luns a venres de 19.30 a 21.00 horas, nas que calquera usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet con cita previa. As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio