Actuacións para protexer e conservar unha das árbores senlleiras do municipio: un exemplar de metrosideros único en Galicia

24/05/2024

Está situado no Pazo de Besada e inclúen poda de mantemento e limpeza de polas secas ou en mal estado, descompactación do terreo e aportación de nutrintes, instalación de anclaxes para riscos de rotura e aseguramento da árbore.

O Concello de Poio realizará nos próximos días os traballos necesarios para conservar, protexer e mellorar o exemplar de metrosideros robusto que está situado nos xardíns do Palacete de Besada e que está incluído no catálogo de árbores senlleiras do municipio. Trátase dun exemplar de gran porte e singularidade, que o converte en único en Galicia.

O estado xeral da árbore, tanto físico como sanitario, é moi bo, polo tanto esta actuación que se vai realizar desde o Concello de Poio, en colaboración da Xunta de Galicia, é para garantir a conservación e protección da árbore: poda de mantemento e limpeza de polas secas ou en mal estado, descompactación do terreo e aportación de nutrintes, instalación de anclaxes para riscos de rotura e aseguramento da árbore.

O metrosidero do Palacete de Besada, é unha árbore robusta da familia das mirtáceas, cuxo porte componse dun corpulento tronco de ramificación monopódica qeu non se ramifica ata superar os tres meros de altura. A súa copa é mapla e tupida, mostrando a súa parte máis frondosa cara a estrada, por atopar aquí maiores posibilidades na obtención de luz.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio