O GOBERNO SOLUCIONA OS PROBLEMAS DE FILTRADO, CONDENSACIÓN E VENTILACIÓN NO PAVILLÓN DE LOURIDO

14/01/2024

2023.

O Concello de Poio acaba de dar resposta ás demandas do CEIP de Lourido e dos clubes deportivos dando solución aos problemas de filtrado de augas, de condensación e de ventilación no pavillón polideportivo.

Nas últimas semanas fixéronse melloras na instalación, que consistiron na reparación da cuberta, substitución de tornillería e limpeza das bases e da placa, así como na apertura de catro ventás nos laterais para facilitar a renovación do aire e mellorar a súa calidade, e ao mesmo tempo evitar a condensación no interior. Para esta actuación, o Concello de Poio destinou un investimento de preto de 13.000 euros, tras facer unha modificación de crédito.

O concelleiro delegado da área, Cándido Muíños destaca que “o compromiso do Goberno local co Deporte é un feito. Apostamos por mellorar as condicións da práctica deportiva no noso concello, mellorando as instalacións e servizos existentes. Pouco a pouco iremos dando solución ás necesidades e demandas que persisten desde hai moitos anos, demandas históricas e totalmente razonable que iremos atendendo”.

Nesta liña, recorda que hai xa un mes que o ximnasio municipal da Seca está funcionando tamén en horario de mañá con grande éxito de participación, e que nos orzamentos de 2024 resérvase unha partida “moi importante” para apoiar aos clubes deportivos locais, as escolas municipais e os eventos que se organizan ao longo do ano.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio