BINGO, SORTEOS, PANXOLIÑAS E BAILE ESTE VENRES NO FESTIVAL DE NADAL PARA OS MAIORES DE POIO

13/01/2024

2023.

A Casa Rosada celebra este venres, 15 de decembro, o Festival de Nadal destinado para as persoas maiores do municipio, no que a demais de bingo e roscón, a música estará amenizada coas panxoliñas do Coro da Casa Rosa, e rematará coa actuación do Trío Azabache. A xornada festiva comezará ás 17.00 horas, e durante toda a tarde haberá sorteos, como por exemplo unha cesta con comida, doces e bebida típicas do Nadal e outros agasallos.

O Festival de Nadal inclúese dentro da completa programación elaborada polo Concello de Poio para estas datas, que inclúe propostas para todas as idades. Para participar no Festival de Nadal non é preciso inscrición previa, basta con achegarse á Casa Rosada o venres e gozar de todas as actividades que están organizando.

CADRO SOLIDARIO

Un ano máis  coas festas de nadal chamando ás portas, o veciño e extraballador do concello Faustino Ucha  fixo entrega dunha obra en oleo á concelleira de Benestar Social e Igualdade, Natividad Torres. Os cartos que se recaden coa venda de papeletas, que xa se poden adquirir no Palacete de Besada e tamén durante o Festival de Nadal, destinaranse a fins sociais.

Este ano a súa pintura recolle unha escena ben identificativa do concello: un día de ribeira no areal de Campelo. O sorteo farase o 17 de xaneiro na Casa Rosada. A concelleira amosou o seu agradecemento a este veciño pola seu xesto xeneroso e solidario.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio