EN MARCHA A CAMPAÑA SOLIDARIA DO CONCELLO DE POIO “NINGUNHA CRIANZA SEN XOGUETE”

13/01/2024

2023.

O Concello de Poio xa activou a campaña solidaria “Ningunha crianza sen xoguete”, para garantir que ningún neno e nena perda a ilusión polas festas do Nadal sexa cal sexa a situación ou as dificultades que haxa nos seus fogares. Así, ata o 7 de decembro, todas as persoas interesadas en participar nesta iniciativa xa poden doar estes artigos de luns a venres no Pazo Besada, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou na Casa Rosada, entre as 17.00 e as 21.00 horas.

A concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, anima á veciñanza a demostrar unha vez máis o seu apoio cunha iniciativa que pretende chegar e facer felices a todos os nenos que viven en fogares cunhas necesidades especiais. Ademais, agradece a colaboración da veciña Silvia Ramírez, de Samieira, que un ano máis colaborará de xeito totalmente desinteresado con esta campaña municipal.

Recordan que os xoguetes deben estar limpos, en bo estado e con todas as pezas, e poden ser desde xogos de mesa, bonecos e peluches, ata puzzles, construcións, libros, disfraces ou materiais deportivos como bicicletas, patines ou pelotas, entre outros.

Unha vez rematada a recollida de xoguetes, o persoal do departamento de Servizos Sociais do Concello de Poio encargarase de realizar o reparto antes do Nadal.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio