POIO REFORZA A VIXIANZA E A INFORMACIÓN PARA EVITAR A PRESENCIA DE VOLUMINOSOS NA RÚA

13/01/2024

2023.

Recordan que hai un servizo gratuíto de recollida a domicilio, chamando ao teléfono 986771185.  

O Concello de Poio intensifica a información e a vixianza para evitar a presencia de residuos voluminosos na rúa, tras detectar un aumento deste tipo de vertidos en determinadas zonas do municipio. Unha situación “incomprensible”, sinalan desde a concellería de Medio Ambiente, xa que hai a disposición da veciñanza un servizo gratuíto de recollida deste colchóns e mobles a domicilio, para o que basta con chamar ao teléfono 986771185 e indicar a zona onde hai que recollelos.

Unha pequena acción que ten moitos beneficios para toda a cidadanía, engaden desde este departamento, que recordan que facer uso deste servizo municipal gratuíto é fundamental para protexer o medio ambiente e mellorar a imaxe do concello.

Así, sinalan que nas últimas semanas están comprobando un aumento importante de voluminosos en diferentes zonas, ata o punto de ter retirado ata dúas veces nun día mobles na mesma zona. De feito, non é a primeira vez que a Policía Local localiza e multa ás persoas infractoras. Algunhas das zonas onde se repite a presenza deste tipo de residuos son o Camiño do Castro, en Campelo, na antiga chatarrería de Alvar ou na contorna do colexio de Espedregada, en Raxó. 

Por último, recordan que o punto limpo móbil estará este mes nos lugares de costume en San Salvador os días 7, 8 e 9; en San Xoán, entre o 14 e o 16; Combarro, do 21 ao 23; Samieira os días 28 e 29; e por último en Raxó, o 30 e 1 de decembro. 

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio