POIO LEVA INVESTIDOS MÁIS DE 500.000 EUROS EN DESBROCE E LIMPEZA DE VIAIS

12/01/2024

2023.

O Concello de Poio leva investidos no que vai de ano máis de 500.000 euros en traballos de desbroce, unhas tarefas que inclúen limpeza de cunetas, retirada de maleza e poda e posta a punto de árbores e setos, sempre co obxectivo de garantir a seguridade e mellorar a mobilidade. Na actualidade en Poio ocúpanse destes traballos a propia adxudicataria do contrato de desbroce, que se complementan con accións doutras empresas locais que actúan nas zonas de San Salvador, nos colexios e en Raxó, Samieira e outros traballos máis específicos.

A maiores, tamén se inclúe a actividade desenvolta pola Fundación Juan XXIII, que acondiciona as zonas de Ankar, Lourido e A Reiboa. E todo isto, reforzado cunha brigada de operarios municipais. Isto é así porque, segundo explica o concelleiro de Obras, Servizos, Parques e Xardíns, Marcial García, o contrato coa adxudicataria non cubre nin o 40% dos desbroces que se fan ao ano, por iso é fundamental completalo cos traballos doutros autónomos.

Un plan de desbroce coordinado para chegar a todos os lugares de Poio, pero con todo desde o novo Goberno Marcial García, recoñece que “a pesar de todo é complicado facer todo ao mesmo tempo, condicionados pola dispersión territorial de Poio e tamén pola climatoloxía”, e recorda que a combinación de precipitacións e temperaturas favorece o crecemento de vexetación.

Por iso, pide comprensión e desculpas anticipadas por si algunha zona queda sen desbrozar. “Somos conscientes de que é un servizo esencial, e traballamos coordinados para intentar chegar a todo coa maior axilidade posible. O seguimento é continuo e todas as zonas están perfectamente detectadas”. Por último recorda que a única partida que existe para desbroce nos orzamentos é a que corresponde ao contrato coa adxudicataria, que non cubre nin o 40% do desbroce que se está realizando, e que as demais facturas son con cargo a partidas económicas que deixaron esgotadas o anterior goberno.

Nos próximos días, os traballos de desbroce iniciaranse en Vilariño, Sartal e Aris, e posteriormente trasladaranse ás zonas de Samieira e Arén. Nas zonas urbanas, é a propia empresa de limpeza a que realiza os traballos de desbroce, mentres que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia fanse cargo nas vías que son da súa competencia.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio