A TRIXÉSIMA PRIMEIRA EDICIÓN DO CONCURSO LITERARIO XAIME ILLA COUTO XA TEN GAÑADORAS

12/01/2024

2023.

A XXXI edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto, organizado pola Concellería de Cultura, a SCD Raxó e o Consello Municipal de Cultura, xa conta con gañadorasnas súas diferentes categorías. O xurado encargado de analizar e valorar as obras presentadas reuniuse a pasada semana para fallar o resultado do certame, que nesta ocasión viu incrementadas as contías dos seus premios. Cómpre lembrar que o devandito concurso divídese en varios grupos, en función da idade dos e das participantes, e conta con dúas categorías: poesía e relato curto. A entrega de galardóns será este mércores, a partir das 17.30 horas, dentro dos actos centrais da programación do Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano se adica a Francisco Fernández del Riego. A cita tamén incluirá un faladoiro sobre comunicación, na que intervirán as periodistas Belén López e Sara Vila.

Na Categoría A, de 6 a 8 anos, Irene Rey Redondo (veciña de San Xoán e alumna do Isidora Riestra) presentou tanto o mellor poema como o mellor conto. Na categoría B (9-11 anos), as gañadoras foron Daniela López García en poesía (tamén alumna  do Isidora Riestra e veciña de San Xoán) e Carla García Vicente (natural de Combarro e alumna do Isidora Riestra). Na categoría C (12-13 anos), o poema e o conto que se levaron o primeiro premio foron os de Candela Martínez Esperón (San Salvador, IES Poio) e Aldara Casalderrey Esperón (San Xoán, IES Poio).

Na categoría D, Naiara Curra Quiñones, natural de San Xoán e alumna do IES Poio, foi a gañadora na categoría de poesía. Quedaron desertos os grupos de relato curto, así como as dúas de 16 a 17 anos. Por último, en maiores de 18 anos, a mellor poesía foi a presentada por Alicia Souto Piñeiro, de Marín, e o mellor relato curto foi o de Dolores Asenjo Gil, de Santiago de Compostela.

A concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG), salientou a gran cantidade de obras presentadas, así como a calidade dos textos. Cómpre lembrar que o xurado está formado por representantes dos grupos da Corporación e das asociacións que compoñen o Consello Municipal de Cultura.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio