A OCUPACIÓN TURÍSTICA CHEGA Ó 80% DURANTE AS FESTIVIDADES DE SEMANA SANTA

12/01/2024

2023.

A Concellaría de Turismo de Poio informa sobre a ocupación acadada nos aloxamentos turísticos do municipio e os visitantes rexistrados nas oficinas de turismo municipais durante a Semana Santa. Os aloxamentos turísticos de Poio rexistraron unha ocupación media do 66%, chegando incluso en numerosos aloxamentos do municipio, ata o 80% durante as xornadas festivas.

En canto aos visitantes rexistrados nas oficinas de turismo municipais, a cifra total foi de 498 visitantes, o que supón un incremento do 42% con respecto á Semana Santa do ano anterior. Asemade, a Casa Museo Colón recibiu un total de 42 visitantes durante as xornadas festivas.

En relación á procedencia dos visitantes nacionais, que representaron o 97% do total dos visitantes rexistrados nas oficinas de turismo, destacaron, en primeiro lugar, os procedentes de Castela e León (28,57%), seguidos de Madrid (21,74%), País Vasco (13,46%), Cataluña (5,59 %) e Andalucía (4,35%). En canto aos visitantes internacionais destacaron os turistas procedentes de países como Alemania, Portugal e Italia.

Os atractivos turísticos máis visitados polos turistas e visitantes que se achegaron ata Poio foron: o Conxunto Histórico Artístico de Combarro, o Mosteiro de San Xoán de Poio e as visitas guiadas á Illa de Tambo que parten desde o porto de Combarro, asemade, as rutas dos muíños de Freixa e de Samiera e as sendas litorais foron os recursos naturais máis visitados estes días grazas ás boas temperaturas acadadas durante as xornadas festivas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio