O PROGRAMA VITA CONTINÚA A MEDRAR A TRAVÉS DA FORMACIÓN E MENTORIZACIÓN

12/01/2024

2023.

O proxecto VITA, que desde finais de 2022 se imparte no Centro de Formación da Reiboa con sesións presenciais e telemáticas, é unha formación ofertada a través da Concellería de Promoción Económica se pretende achegar ás persoas emprendedoras ferramentas que axuden a consolidar o crecemento da riqueza e da dinamización comercial, turística e empresarial en Poio. As sesións son impartidas por Carla d’Pont, doutora en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Vigo e que conta con máis de oito anos de experiencia internacional en comunicación e ventas en Austria.

Despois de dous meses desde o comezo do Programa VITA, os emprendedores e emprendedoras de Poio están a sacar bo proveito da formación en negocios dixitais de marca persoal e emprendemento neste proxecto formativo, asentando as bases da súa marca e negocio. Ata o de agora, a formación céntrase nunha parte máis teórica e necesaria para deseñar unha estratexia dixital idónea. A partir do mes de marzo comeza a segunda fase do programa máis centrada na comunicación das marcas e negocios.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio