MARGA CALDAS SUPERVISA OS AVANCES NA MELLORA DA SUPERFICIE DO PAVILLÓN DA SECA

11/01/2024

2023. A concelleira de Deportes, a nacionalista Marga Caldas, comprobou esta semana o avance que están a experimentar as obras de mellora da superficie do pavillón polideportivo da Seca, situado na parroquia de San Xoán. Cómpre lembrar que esta era unha actuación moi necesaria e demandada polos clubs e deportistas que fan un uso habitual destas instalacións, tanto para competir como para levar a cabo os seus adestramentos, xa que se facía preciso reparar as deficiencias detectadas. Caldas mantivo un encontro con representantes da empresa responsable de actuación, que conta cun financiamento que ascende a máis de 200.000 euros, IVE engadido. A responsable do departamento de Deportes destaca o bo ritmo dos traballos e sinala que “se están a cubrir cos prazos previstos”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio