ADXUDICADA A CREACIÓN DE NOVA CONEXION A PÉ ENTRE A RUTA DOS MUIÑOS DE SAMIEIRA E A PO-308 Á ALTURA DO LAÑO

11/01/2024

2023. Nas vindeiras semanas darán comezo os traballos para a posta punto da nova senda peonil, emprazada á beira do rego da Freiría, na parroquia de Sameira, que servirá para dar vida a un enlace peonil entre a estrada PO-308 á altura da recta do Laño e a emblemática ruta dos muíños existente nesta parroquia. Trátase dunha actuación que foi impulsada desde a Concellería de Promoción Económica e Urbanismo, dirixida por Gregorio Agís (PSdeG-PSOE). O propio Agís pasou revista este mércores ao estado da zona, acompañado polo responsable de Obras e Servizos, o tamén socialista Julio Casás.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio