O colexio de Lourido acollerá unha formación sobre diversidade e educación inclusiva para as familias

27/11/2026

A actividade, aberta a todas as familias do municipio, está organizada pola Anpa A Gamela de Lourido, COCEMFE e o Servizo de Atención Temperá do Concello de Poio. Celebrarase o luns 30 de novembro ás 16.30 horas, e é necesario cubrir un formulario de inscrición.

O colexio de Lourido acollerá o próximo luns, día 30, ás 16.30 horas unha formación sobre diversidade e educación inclusiva para as familias. Baixo o título “Medrando na diversidade”, estará impartida por persoal de Cogami, e colaboran Anpa A Gamela de Lourido, Cocemfe e o Servizo de Atención Temperá do Concello de Poio.

A actividade está aberta para todas as familias e persoas interesadas do municipio, e é necesario inscribirse previamente no formulario https://bit.ly/4AUFiGv, que poden descargar tamén nas redes sociais municipais e na páxina web municipal.

O Servizo Municipal de Atención Temperá de Poio atende actualmente a 101 nenos e nenas menores de seis anos, consolidándose como un recurso fundamental para favorecer o desenvolvemento infantil, apoiar as familias e garantir que todos os menores poidan acceder á atención especializada que precisan, independentemente da súa situación económica.

Ademais das intervencións especializadas de psicoloxía, logopedia e fisioterapia pediátrica, este servizo tamén organiza e colabora en diversas accións e actividades ao longo de todo o ano para as familias, centradas e previr e sensibilizar sobre a atención temperá. Algunhas destas actuacións inclúen obradoiros dirixidos ás familias sobre lactación, sono infantil, rabietas ou porteo, así como actividades formativas co profesorado e coas escolas infantís, encontros coas familias nos centros educativos e actuacións de coordinación cos servizos de pediatría, entre outras.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio