Poio prepárase para celebrar as Festas do Divino Salvador con música, tradición e actividades para todas as idades do 5 ao 8 de agosto

28/07/2026

O alcalde Ángel Moldes destaca “a labor importante das comisións de festas do municipio, un traballo fundamental para manter a tradición e potenciar as festas patronais do noso concello”.

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, e os concelleiros de Festexos e de Cultura e Educación, Fran Dasilva e Natalia Sabarís, participaron esta mañá na presentación da programación das festas patronais do Divino Salvador de Poio, que mesturan música, cultura e tradición do 5 ao 8 de agosto.

Ángel Moldes aproveitou a ocasión para agradecer o traballo da comisión de festas e destacou “a labor importante que realizan, un traballo fundamental para manter a tradición e potenciar as festas patronais do noso concello”.

As celebracións comezarán o mércores, día 5, coa lectura do pregón a cargo de Inés Cameselle Barcala, pertencente á cuarta xeración de cociñeiras do restaurante centenario Casa Ces, ás 21.30 horas no adro da Igrexa de San Salvador. Posteriormente actuará o grupo de gaitas Vides Novas e a noite rematará coa actuación do grupo Azabache.

O xoves 6, ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne na honra a San Salvador, cantada pola Coral Virxe da Renda, Combarro. A procesión estará acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela e pola Escola de Música tradicional de Poio. A partir das 21.00 horas, será quenda de Máis Cantos, mentres que a verbena nocturna estará amenizada pola orquestra Los Players, con tirada de fogos artificiais.

Xa o venres 7, a misa na honra á virxe do Carme será ás 12.00 horas e estará cantada pola Coral Virxe de Fátima de Campelo. De seguido sairá a procesión, acompañada pola Escola de Música tradicional de Poio. Pola noite, ás 21.00 horas actuarán as orquestras Alianza e Salsarena.

O último día da festa, o sábado 8, dedicarase aos máis pequenos da casa, cunha festa infantil con inchables, toro mecánico e escuma. Será a partir das 18.00 horas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio