Continúa o reparto de composteiros individuais entre a veciñanza

16/06/2026

O Concello de Poio vén de entregar un novo lote de quince composteiros individuais a veciños do municipio nos últimos días, dentro da súa aposta pola promoción da compostaxe doméstica e a xestión sostible dos residuos orgánicos.

O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Domínguez, destaca os beneficios desta práctica tanto desde o punto de vista ambiental como económico. Neste sentido, lembra que a compostaxe dos restos de comida e vexetais no fogar contribúe a reducir a cantidade de lixo que se envía a Sogama, o que repercute directamente nun descenso dos custos asociados á xestión dos residuos.

Desde o Goberno local inciden en que a compostaxe doméstica é unha das fórmulas máis eficaces e beneficiosas para tratar a fracción orgánica dos residuos, ao tempo que permite obter compost de calidade para o seu uso en hortas e xardíns.

As persoas interesadas en solicitar un composteiro ou recibir máis información sobre este programa poden contactar co Concello a través do teléfono 604 025 288.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio