As festas están organizadas pola Comisión de Festas de Campelo, coa colaboración do Concello de Poio. A organización anima á veciñanza e visitantes a participar nunhas celebracións que cada ano reúnen centos de persoas.
Campelo vivirá esta fin de semana unha nova edición das festas na honra da Virxe de Fátima, cun amplo programa de actividades que combinará música, tradición e actos relixiosos para todos os públicos.
A programación arrancará o venres 15 de maio coa tradicional alborada a cargo de Vides Novas, que percorrerá as rúas de Campelo a partir das 20.00 horas. Pola noite, a verbena dará comezo ás 22.00 horas coa actuación da orquestra Orquestra Marbella e a música de DJ Jorge Álvarez.
O sábado continuará a festa coa alborada de Vides Novas e da Escola de Música Tradicional de Poio. A partir da noite, a música será a gran protagonista coa actuación da histórica Orquestra París de Noia e da discoteca móbil Dolce Vita.
Xa o domingo, a Escola de Música Tradicional de Poio volverá percorrer Campelo cunha alborada desde as 10.00 horas. Ás 12.00 horas celebrarase a misa cantada polo Coro Virxe de Fátima, seguida da tradicional procesión acompañada pola Banda de Guerra da Brilat.
As celebracións rematarán coa sesión vermú das 13.30 horas, amenizada polas cantigas e música das pandereiteiras do O Ronsel.