As persoas interesadas xa poden reservar cita no teléfono 900 102 380. É un punto de atención, información e asesoramento que estará dispoñible no parque Rosalía de Castro, en San Salvador, entre as 9.00 e as 14.00 horas.
A Oficina Móbil do Retorno, da Secretaría Xeral da Inmigración, visitará Poio este venres 15 de maio para ofrecer información e asesoramento especializado ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e ás súas familias. Este punto de atención presencial móbil estará situado, de 9.00 a 14.00 horas no parque Rosalía de Castro, en San Salvador.
Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante pretende ser un complemento ás oficinas permanentes e converterse nun recurso máis accesible para a poboación retornada nos diferentes concellos galegos.
Entre os servizos que ofrece inclúense asesoramento personalizado sobre procesos e requisitos para un retorno exitoso; información sobre programas de retorno e detalles de programas de apoio para a adaptación a Galicia; xestión de trámites administrativos necesarios para antes e despois do retorno; orientación laboral e profesional, validación de títulos estranxeiros e inserción profesional; asistencia sanitaria; prestacións, subvencións ou axudas; opcións de vivenda e o sistema educativo galego. As persoas interesadas xa poden reservar a súa cita no teléfono 900 102 380.