PERSOAS PARTICIPANTES
1.a)Neste concurso poderán participar rapaces e rapazas empadroados/as e/ou escolarizados/as en Poio, de xeito individual ou en grupo.
1.b)Cada participante poderá presentar unha soa obra.
1.c)Todas as obras deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas nin publicadas.
CARACTERÍSTICAS DO CARTEL
2.a)Tamaño do papel: DIN A3. En formato dixital (JPG ou TYF) deberase poder adaptar a tamaño DIN A3 .
2.b)Idioma: o texto deberá estar escrito en galego.
2.c)Deberá incluír necesariamente os seguintes textos:
•FESTAS SAN XOÁN
•POIO
•XUÑO 2026
CATEGORÍAS DO CONCURSO
•Categoría A: de 5 a 6 anos.
•Categoría B: de 7 a 9 anos.
•Categoría C: de 10 a 12 anos.
•Categoría D: de 13 a 14 anos.
•Categoría E: de 15 a 17 anos.
As persoas participantes deberán ter cumpridas estas idades entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2026.
PRESENTACIÓN DE TRABALLOS E PRAZO
4.a)Os traballos entregaranse acompañados dun sobre (SOBRE A) no que se incluirán os datos persoais da persoa participante (nome, idade, enderezo e teléfono de contacto; ademais de curso e centro, de ser o caso).
4.b)As obras poderanse presentar en calquera dos centros de ensino do concello de Poio e na Casa Consistorial (Praza do Mosteiro, 1).
4.c)A data límite de presentación das obras será o día 15 de maio do 2026.
No exterior do SOBRE A deberá constar só a idade e a categoría , segundo o recollido no punto 3 destas bases.
PREMIOS
Agasallos conmemorativos e vales para canxear nas librarías de Poio:
•CATEGORÍA A: premio de 60 €
•CATEGORÍA B: premio de 80 €
•CATEGORÍA C: premio de 100 €
•CATEGORÍA D: premio de 120 €
•CATEGORÍA E: premio de 140 €
ENTREGA DE PREMIOS
A Concellaría de Festexos comunicará a data e hora da entrega de premios ás persoas gañadoras coa suficiente antelación.
XURADO
7.a)O xurado estará composto polo concelleiro de Festexos (presidente), un representante de cada un dos grupos políticos con representación na corporación municipal (vogais) e por persoal técnico do Servizo de Cultura e/ou Festexos (funcións de secretaría). No caso de empate decidirá o voto de calidade do presidente.
7.b)O xurado reunirase o día 20 de maio de 2026 para fallar este concurso.
7.c)De cada categoría escollerase un cartel gañador. Dos cinco carteis resultantes, escollerase un que será o utilizado para a promoción da Festa de San Xoán no 2026.
INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
8.a)Os premios non serán acumulables.
8.b)Os premios estarán sometidos á normativa fiscal que proceda aplicar.
8.c)As obras gañadoras pasarán a ser propiedade do Concello de Poio, polo que o/a autor/a cederá exclusiva e irrevogablemente o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcialmente, en calquera modalidade. Igualmente, cederá a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderán realizarse as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación a soportes, técnicas ou tamaños necesarios.
8.d)Os traballos premiados deberán recollerse no prazo de 30 días naturais posteriores á data de entrega de premios. Os que non se recollan neste prazo pasarán a ser propiedade do Concello de Poio, podendo ser destruídos.
8.e)O xurado do concurso terá competencias para resolver as dúbidas ou calquera circunstancia non prevista nas presentes bases.
8.f)A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.