O Concello reforza a preparación das súas brigadas con novos cursos de formación e seguridade laboral

16/03/2026

O Concello de Poio aposta pola mellora da capacitación profesional do persoal municipal coa organización de varias accións formativas dirixidas ás brigadas de traballo.

No marco deste plan, desenvolveranse catro cursos centrados na mellora e prevención de riscos laborais e na seguridade no desenvolvemento das tarefas diarias. En concreto, impartirase unha edición do curso de formación e prevención en traballos en altura e en espazos confinados, orientado a mellorar os coñecementos nestas situacións de especial risco.

Ademais, organizaranse dúas edicións dun curso teórico-práctico sobre os riscos asociados aos traballos con motoserra, co obxectivo de reforzar a preparación do persoal municipal no uso seguro desta ferramenta e na aplicación das medidas preventivas adecuadas.

Con estas accións formativas, o Concello de Poio busca seguir mellorando a cualificación das súas brigadas e garantir que o persoal desenvolva o seu traballo nas mellores condicións posibles. Estes cursos permiten tamén avanzar na capacitación e profesionalización das brigadas municipais, reforzando ao mesmo tempo a prevención e a seguridade no desempeño das súas funcións.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio