As persoas aspirantes poden presentar a súa solicitude desde mañá martes ata o 12 de febreiro.
O Concello de Poio vén de crear unha lista de reserva para a cobertura interina de técnicos de administración xeral, co obxectivo de cubrir necesidades de persoal municipal, como substitucións, baixas ou vacantes puntuais.Unha convocatoria que se enmarca na vontade do Concello de garantir o bo funcionamento dos servizos municipais e unha atención á cidadanía eficaz e áxil.
As persoas que formen parte desta lista poderán ser chamadas para traballar de maneira interina en postos encadrados no Grupo A, Subgrupo A1, desenvolvendo tarefas de xestión administrativa, apoio técnico e tramitación de expedientes no ámbito da administración local.
O prazo para presentar solicitudes abrirase mañá, martes día 3 de febreiro, e pecharase o día 12. Toda a información relativa á convocatoria, incluídas as bases xerais e específicas, pode consultarse no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello, accesible a través da web municipal www.concellopoio.gal, así como na sección de emprego do portal de transparencia en https://concellopoio.sedelectronica.gal.
A documentación deberá presentarse preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello de Poio, facilitando así a tramitación e o acceso á convocatoria.
Desde o Concello anímase ás persoas interesadas que cumpran os requisitos a consultar as bases e participar neste proceso, que supón unha nova oportunidade de acceso ao emprego público na administración local.