Poio celebrou 69 vodas civís en 2025, oficiadas polo alcalde na súa maioría

10/01/2026

De xullo a novembro se concentran a maior parte dos enlaces, confirmándose a preferencia das parellas polos meses de verán e outono.

O Concello de Poio rexistrou ao longo de 2025 un total de 69 vodas civís, unha cifra que supón case triplicaron o número de enlaces celebrados con respecto ao ano anterior. Este incremento débese, en boa medida, a que os rexistros civís deixaron de realizar vodas, o que provocou un maior número de solicitudes nos concellos.

Do total de cerimonias, o 90 % foron oficiadas polo alcalde, que se converteu no principal responsable de presidir este tipo de actos no municipio. A maioría das vodas tiveron lugar no salón de plenos do Concello, aínda que tamén se celebraron enlaces noutros espazos emblemáticos como o Casal de Ferreirós ou o Pazo Besada, ademais de distintos establecementos privados situados dentro do municipio.

Por meses, a maior concentración de matrimonios civís produciuse na segunda metade do ano. Xullo (7 vodas), agosto (12), setembro (13), outubro (13) e novembro (7) foron os meses con máis enlaces rexistrados, confirmando a preferencia das parellas polos meses de verán e comezos do outono.

Como curiosidade, en Poio as vodas civís non se limitan ao venres, sábado ou domingo, xa que se celebran calquera día da semana. De feito, durante o verán chegou a oficiarse unha cerimonia un mércores ás 8.30 horas da mañá. Tamén houbo enlaces en luns, martes ou xoves, aínda que a maior concentración segue a producirse os venres e sábados en horario de mañá, chegando a celebrarse ata tres vodas nun mesmo día (o 2 de agosto e 8 de novembro, por exemplo).

As parellas destacan no caso de Poio de xeito especial a personalización das cerimonias, un aspecto moi valorado polos noivos e noivas. O alcalde incorpora sempre unha referencia ou guiño persoal á historia da parella na súa intervención, o que fai cada acto único e especial, reforzando así o carácter próximo destes actos civís. A cerimonia adoita rematar cun brinde con champán para celebrar a nova unión.

A día de hoxe, xa hai programadas no Concello de Poio 14 vodas civís ata xuño.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio