Xunta e Concello analizan vías de colaboración para mellorar as infraestruturas viarias do municipio

27/05/2025

O alcalde de Poio, Ángel Moldes, reuniuse esta mañá coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, para abordar e estudar as posibles vías de colaboración existentes co obxectivo de afondar na mellora das infraestruturas viarias deste municipio.

María José Gómez incidiu na importancia destas infraestruturas, xa que xeran cohesión social no territorio e melloran as condicións de vida e traballo no medio rural. Asemade, facilitan a accesibilidade e a vertebración destas contornas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio