Xogos, obradoiros, musica e gastronomía daranse cita este mércores no Porto de Raxó para celebrar o Día da Xuventude

01/07/2024

Todas as actividades son gratuítas, e están programadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para ofrecer ocio saudable e alternativo.

O Porto de Raxó acolle este mércores, 3 de xullo, a celebración do Día da Xuventude, unha iniciativa promovida pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, coa colaboración do Concello de Poio, para ofrecer propostas de ocio saudable e alternativo.

Desde as 16.00 ata as 21.00 horas, ofreceranse obradoiros de gastronomía saudable, coa elaboración de cócteis sen alcol e demostracións culinarias; con kahoot! Para favorecer habilidades para a empregabilidade; xogos de scape e realidade virtual para sensibilizar sobre o medio ambiente; cimentos en xogo para traballar a igualdade de xénero; arte urbana ou actividades de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco e escape box, e finalizará coa actuación de Sito Flores e Maek. Todas as actividades son gratuítas e están dirixidas para mozos e mozas de 12 a 35 anos. Ademais, crearase un espazo de construcións para rapazada de 6 a 12 anos.

Este programa aséntase en cinco obxectivos: facilitar á mocidade a posibilidade de participar nun programa de actividades lúdico-formativas que contribúa ao seu enriquecemento persoal mediante aprendizaxes non formais; fomentar a participación, o ocio e o lecer saudable; transmitir valores a través de actividades que requiran do traballo en equipo, colaboración mutua e que fomenten o respecto, a igualdade, a inclusión e o espírito deportivo; achegar información dos programas que desenvolve a Xunta de Galicia destinados á mocidade; e ampliar as ferramentas de conciliación e espazos de coidado a disposición das familias galegas.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio