Remata a rehabilitación do firme no camiño de Rabisa, no lugar da Ucha

17/12/2024

Nestas últimas semanas o Concello de Poio investiu preto de 300.000€ para mellorar as infraestruturas e ampliar os servizos básicos do municipio: “son actuacións prioritarias para ofrecer vías seguras e servizos básicos de calidade á cidadanía. Estamos acometendo demandas históricas dos veciños para mellorar as rúas e os espazos que levan anos sen arranxarse, convertendo compromisos en feitos para seguir avanzando”.

O Concello de Poio rematou a rehabilitación do firme no camiño de Rabisa, no lugar da Ucha, unha actuación que permitiu acondicionar e renovar o asfalto dunha pista que é moi transitada e que estaba nun estado de deterioro moi importante supoñendo, polo tanto, un risco para a circulación rodada.

O alcalde, Ángel Moldes, achegouse ata o lugar para ver o resultado da actuación, que se engloba nun paquete de obras “imprescindibles” que se están executando nestas últimas semanas do ano para mellorar as infraestruturas e ampliar os servizos básicos en varios lugares do municipio. Un investimento que ascende a preto de 300.000€ e que, segundo explica o alcalde, permite mellorar as infraestruturas e ampliar os servizos básicos do municipio. “Estas actuacións son prioritarias para ofrecer vías seguras e servizos básicos de calidade á cidadanía. Estamos acometendo demandas históricas dos veciños para mellorar as rúas e os espazos que levan anos sen arranxarse, convertendo compromisos en feitos para seguir avanzando”. Así, ademais deste proxecto, tamén se actuou nos camiños de Banda do Río, Coita, Liñares, Paradela e Retea.

No caso do Camiño de Rabisa, a actuación incluíu o fresado dos entronques co firme existente en dous puntos para manter a mesma rasante do terreo, así como limpeza dos cordóns de terra vexetal nas marxes e, para a superficie, barrido do firme a nova capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio