O Concello de Poio está ultimando a posta a punto e acondicionamento do cemiterio de San Xoán, de titularidade municipal, coincidindo coa inminente conmemoración do Día de Todos os Santos, nos que se espera aumente a afluencia de persoas que visitan e renden homenaxe aos seus familiares e amigos falecidos.
Si ben estas labores de mantemento no cemiterio municipal de San Xoán se desenvolven durante todo o ano, nos días previos a esta data estes traballos se reforzan e intensifican, principalmente nas zonas verdes e nos accesos.
Con respecto aos cemiterios xestionados por comisións parroquiais, durante estes días estanse realizando tamén traballos de limpeza nos accesos así como nos aparcadoiros. Ademais, en todos eles reforzaranse os contedores de lixo así como a recollida das papeleiras.