POIO MELLORA O TRATAMENTO DAS PODAS E RESTOS VEXETAIS CUNHA NOVA MÁQUINA BIOTRITURADORA

12/01/2024

2023.

O Concello de Poio conta cunha nova máquina biotrituradora que utilizará para xestionar e procesar o tratamento dos restos vexetais e das podas que se realizan nos xardíns, parques e cunetas do municipio.

Conséguese así dar un paso máis na compostaxe, xa que os materiais secos obtidos nas podas son moi ricos en carbono e son un estruturante de calidade para utilizar nos composteiros comunitarios que están instalados no concello.

Para comprar esta nova máquina biotrituradora, o Concello de Poio conseguiu unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en aplicación dos fondos Next Generation da Unión Europea.

Ademais da máquina biotrituradora, tamén se incorporaron outros subministros para mellorar a compostaxe, como termómetros para controlar os parámetros do compost comunitario en cada unha das fases do proceso.

Por último, desde a concellería de Medio Ambiente recordan que os veciños de Poio tamén teñen á súa disposición o préstamo gratuíto de biotrituradoras para utilizar a nivel particular e, deste xeito, evitar queimas. O triturado serve como estruturante no composteiro e para acolchar hortas, zonas de xardíns e bases de árbores. As persoas interesadas no préstamo domiciliario poden informarse no teléfono da mestra composteira (604 025 288).

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio