O obxectivo, sinalan, é intentar traballar xuntos entre ambos municipios para aproveitar as oportunidades que ofrece a Unión Europea e conseguir recursos que permitan seguir transformando e mellorando os servizos para a veciñanza.
Os concellos de Poio e de Sanxenxo están analizando a posibilidade de acceder de xeito conxunto a fondos europeos destinado ao desenvolvemento sostible das entidades locais a nivel medioambiental, económico ou social.
Os alcaldes, Ángel Moldes e Telmo Martín, mantiveron esta semana unha reunión de traballo, na que tamén participaron as concelleiras Rocío Cochón e María Deza, para valorar proxectos e axudas ás que poderían concorrer xuntos naqueles plans destinados para municipios de máis de 20 mil habitantes ou, de non ser o caso, para unión de concellos que non superando esta poboación de xeito individual, presenten propostas comúns. O obxectivo, sinalan, é intentar traballar xuntos entre ambos municipios para aproveitar as oportunidades que ofrece a Unión Europea e conseguir recursos que permitan seguir transformando e mellorando os servizos para a veciñanza.