Poio convoca ao sector da hostalaría e restauración a un encontro informativo

29/04/2024

A reunión, impulsada pola concellería de Turismo, terá lugar o luns 29 de abril, ás 18:30 h, no Casal de Ferreirós, coa fin de coñecer as súas necesidades e abordar distintas iniciativas para dinamizar o sector.

O Concello de Poio vén de convocar aos hostaleiros e restauradores do municipio a un encontro informativo para coñecer as necesidades destes profesionais e abordar distintas iniciativas para dinamizar o sector.

Organizada desde a Concellería de Turismo, a reunión terá lugar o luns, 29 de abril, a partir das 18:30 h, no Casal de Ferreirós e están chamados a participar nela todos representantes da hostalería e a restauración poienses. Segundo trasladou a edil, Rocío Cochón, nunha carta enviada este xoves, o encontro servirá para analizar a situación do sector, intercambiar impresións, coñecer as súas necesidades e trasladar distintas propostas do Goberno local, algunha xa moi adiantada, para a dinamización destas actividades.

Cochón resaltou a importancia desta primeira toma de contacto cos profesionais dunhas actividades que son “un dos sinais de identidade de Poio e resultan fundamental para a estratexia turística e o desenvolvemento económico do noso Concello”, polo que chamou a asistir ao máximo número de hostaleiros e restauradores, e así “irmos da man no impulso deste sector”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio