Poio contará a partir de xaneiro cun Centro de atención temperá para atender a menores de 0 a 6 anos

31/10/2024

O servizo prestarase na Casa Rosada, e contará cun equipo de profesionais integrado por psicólogo, pedagogo e terapeuta ocupacional.

Poio contará cun Centro de atención temperá para atender a menores de 0 a 6 anos, para previr e actuar ante problemas de desenvolvemento. O servizo, que comezará a funcionar en xaneiro, contará cun equipo de profesionais integrado por psicólogo, pedagogo e terapeuta ocupacional. Conta cunha axuda da Xunta de Galicia, que achegará 266.000 euros para a posta en marcha deste servizo, que será gratuíto para as familias de Poio.

O alcalde, Ángel Moldes, visitou hoxe o espazo coa conselleira, Fabiola García, e amosou a “satisfacción e ilusión” do Goberno por conseguir esta axuda coa que poñer en funcionalmente un servizo “moi importante para os menores e para as súas familias e que, estamos convencidos, mellorará de xeito notable seu día a día”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio