2023. Xuntanzas temáticas, formacións gratuítas e iniciativas para dar visibilidade e reforzar a imaxe do municipio como destino de referencia máis alá da tempada estival son algunhas das iniciativas e accións que formarán parte da segunda edición do programa Descubre Poio. A tenente de alcalde e responsable da área de Turismo, Silvia Díaz (Avante Poio), mantivo esta semana unha reunión con profesionais do sector para trasladarlles os contidos dunha programación que, tal e como lembra a propia Díaz, “xa na súa primeira edición tivo unha gran acollida por parte, polo que damos resposta á demanda suscitada para repetir esta experiencia entre as persoas que rexentan ou traballan en negocios relacionados coa hostalería, os aloxamentos e o turismo”.
Un total de 15 restaurantes de todo o municipio ofrecerán tapas, pratos e menús a prezos especiais co bivalvo como...