O NOVO GOBERNO DÁ OS PRIMEIROS PASOS PARA CONVERTER A ANTIGA GARDERÍA DE CAMPELO NUN CENTRO DE DÍA

12/01/2024

2023.

O novo Goberno de Poio dá os primeiros pasos para converter a antiga gardería de Campelo nun Centro de Día. O alcalde Ángel Moldes recorda que é un compromiso adquirido cos veciños, e por iso urxe comprar o local e a finca para evitar que o edificio siga deteriorándose e perder a oportunidade que supón utilizar unha instalación xa existente e tan ben ubicada para prestar este servizo necesario e demandado polos maiores de Poio e polos seus familiares. Este Centro de Día na antiga gardería de Campelo permitirá que ninguén teña que abandonar o seu fogar nin distanciarse dos seus seres queridos porque van recibir a atención ao carón das súas casas.

Neste senso, destaca que está situado nunha zona adecuada, non só ao lado do Centro de Saúde e entre dúas parroquias moi poboadas, senón tamén porque ten unha contorna inmellorable. Para Moldes, é unha decisión que sitúa as políticas sociais e as persoas no centro da acción do novo goberno. Para facer este proxecto realidade, o alcalde explica que aproveitarán a operación de crédito que propoñen facer desde o servizo de intervención para pagar as débedas e facturas contraídas polos tres alcaldes durante os mandatos anteriores, e destinarán unha parte adquirir o local do futuro Centro de Día. A partir dese momento, adianta que comezará a negociar investimentos coa Xunta de Galicia para que este servizo sexa unha realidade coa maior brevidade posible.

Polo tanto, sinala Moldes, si temos que facer unha operación de crédito pola mala xestión dos anteriores equipos de Goberno, intentaremos sacar algo positivo para os veciños e dar os primeiros pasos para facer realidade un proxecto moi necesario para Poio, como é o Centro de Día”.

Esta proposta xa se incluirá nas comisións informativas deste mércores, así como no pleno ordinario do mes de setembro. No informe de intervención sinalan que son infraccións moi graves en materia de xestión económico-orzamentaria os gastos realizados sen existir crédito suficiente, que neste caso afectan a facturas de obras e subministros. Por iso, é urxente e necesario solicitar financiamento para facer fronte ás facturas e débedas que deixaron contraídas no anterior mandato porque é insostible atrasar aínda máis o seu pago. Facturas maioritariamente de pequenas empresas e autónomos de Poio, “que entendíamos que non podían seguir esperando porque estes impagos estanlle producindo grandes inconvintes”, explica o alcalde. Con todo, nesta operación non se poden incluír todo tipo de facturas. Legalmente só permite abonar facturas de investimento, non as que son de gasto corrente. Para estas últimas, o Goberno xa está buscando fórmulas para ofrecer unha solución e así pagar todas as facturas que o tripartito deixou pendentes.

Da cantidade que se vai solicitar na operación de crédito, por importe de 723.800 euros, para a compra do local destinarase pouco máis de un tercio desta cantidade (300.000 euros) mentres que o resto terá que gastarse integramente en abonar parte das facturas e débedas herdadas (423.800 euros).

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio