O Goberno consegue o apoio unánime para actualizar as ordenanzas do PXOM e adaptalas á lexislación e necesidades da veciñanza

27/03/2024

“Unha das nosas prioridades en materia urbanística é actualizar o PXOM para solucionar problemas e contar cun desenvolvemento sostible no noso concello”, sinala Ángel Moldes.

O Goberno conseguiu o apoio unánime de toda a corporación á actualización das ordenanzas do PXOM para adaptalas á lexislación e ás necesidades dos veciños. Así, as modificacións propostas introducen usos que non estaban contemplados no plan xeral vixente, como por exemplo o sanitario, educativo, cultural ou deportivo, pero ademais tamén se regulan os aparcamentos disuasorios e a figura dos complexos inmobiliarios, actualízase a regulación dos usos turísticos e redúcese a fronte mínima para vivendas unifamiliares. Uns cambios a mellor que corrixen algunhas deficiencias detectadas no PXOM aprobado en 2000 e permíteno adaptar a normas recentes como a Lei do Solo de Galicia.

O alcalde, Ángel Moldes, agradeceu a toda a corporación o apoio a esta modificación e subliñou que, si ben o consenso sempre é positivo, no caso de temas tan importantes como o urbanismo esta unanimidade é especialmente importante. “Unha das nosas prioridades en materia urbanística é actualizar o PXOM para solucionar problemas e contar cun desenvolvemento sostible no noso concello”, sinala, e nesta liña, recoñece que “reducir a fronte mínima de 12 a 6 metros para as vivendas unifamiliares, ademais, ofrecerá aos nosos veciños máis facilidades par que poidan construír o seu fogar. Queremos que continúen vivindo en Poio”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio