O último contrato de auga caducou hai sete anos, con todas as prórrogas esgotadas e, desde entón, estaba traballando en precario: “seguimos dando pasos importantes para sacar adiante este novo contrato, que é unha absoluta prioridade para o noso Goberno para, deste xeito, dar resposta a problemas e carencias na rede de servizos básicos en diferentes lugares do municipio”.
O Goberno local aprobará no pleno ordinario de febreiro o estudo de viabilidade do novo contrato para a xestión do saneamento e abastecemento de auga de Poio. O alcalde, Ángel Moldes, subliña que “seguimos dando pasos importantes para sacar adiante este novo contrato da auga, que é unha absoluta prioridade para o noso Goberno para, deste xeito, dar resposta a problemas e carencias na rede de servizos básicos en diferentes lugares do municipio”.
Nesta liña, sinala que o contrato novo permitirá prestar un mellor servizo á veciñanza, garantir a calidade da auga e ampliar a rede en zonas como A Caeira, Vilariño, Fragamoreira… lugares que a día de hoxe continúan sen estes servizos básicos e aos que o novo contrato ofrecerá unha solución. “Os veciños eran os grandes prexudicados dun contrato de auga que caducou hai sete anos, con todas as prórrogas esgotadas e, desde entón estaba traballando en precario, perdendo investimentos e melloras na prestación do servizo. Por iso, o noso compromiso é absoluto desde o primeiro momento para resolver esta situación coa máxima celeridade”, explica.
Tal é así, que en menos dun ano desde que se contratou a redacción deste estudo de viabilidade, xa se vai aprobar e someter a exposición pública. “Estamos facéndoo en tempo récord, e o estamos conseguindo a pesar de que tivemos que iniciar o proceso desde cero”, engade. Nesta liña, hai que recordar que o Goberno non puido aproveitar “nada do pouco feito anteriormente”. Explica que aqueles estudos contiñan erros “moi graves”, tanto na estrutura de custes como na fórmula de revisión prezos, así como no estudo de viabilidade, todos eles asentados sobre unha base ilegal que incumpría a lei de contratos do ano 2018. Unha lei que impide manter o sistema de taxas que hai actualmente en Poio e obriga a cambiala a tarifa do servizo. De feito, o propio secretario municipal, avalou no seu informe esta decisión tendo en conta as múltiples advertencias realizadas desde a intervención municipal para aprobar a proposta anterior, e que eran de importancia suficiente para paralizar o proceso.
O estudo que se vai aprobar no próximo pleno municipal trata de analizar a viabilidade de xestión indirecta do servizo de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros, a través dun contrato de concesión de servizos. A través do documento, descríbense as instalacións de abastecemento e rede de sumidoiros de Poio, destacando aqueles aspectos máis característicos do servizo, identificando o esquema de funcionamento hidráulico do servizo de abastecemento de auga potable, as fontes de subministro, o tratamento, o sistema de almacenamento e de bombeo. E poñendo tamén o foco naqueles problemas que hai actualmente na rede de saneamento e abastecemento e aos que é prioritario ofrecer unha solución.
Una vez aprobado en pleno este estudo de viabilidade, abrirase un prazo de exposición pública, redactarase unha estrutura de custes e aprobarase unha ordenanza non fiscal e, no caso de que non haxa ningunha reclamación, aprobarase de xeito definitiva para sacar a licitación o contrato da auga do Concello de Poio.