O domingo é o día grande, co marcado, a rapa e venda de exemplares.
O Monte Castrove xa está preparado para acoller unha nova edición da tradicional Baixada das Bestas ao Curro de San Ramón, que se celebrará esta fin de semana con múltiples actividades que combinan tradición, música e cultura popular.
O alcalde de Poio, Ángel Moldes, participou esta mañá na presentación da programación, acompañado de representantes da Asociación de Gandeiros Monte Castrove, organizadora dun evento que conta cunha gran tradición na comarca e que cada ano reúne a centos de persoas.
PROGRAMACIÓN COMPLETA
Venres 22
22.00 h – Cea de confraternidade
Actuacións musicais de Dieguiño e Laura
Sábado 23
09:00 h – Xuntanza dos cabalos no Pastizal
17:00 h – Concurso de Aloitadores (300 € en premios)
Pola noite, actuacións musicais de Dieguiño e DJ Mingos Barbosa
Domingo 24
12:00 h – Baixada dos cabalos ao curro
13:00 h – Misa na honra de San Ramón
17:00 h – Marcado, rapa e venda de potros
20:30 h – Sorteo tradicional
21:00 h – Solta dos cabalos ao monte