O Concello soluciona as filtracións de auga no ximnasio do colexio Espedregada, Raxó

01/04/2024

O Concello de Poio continúa facendo tarefas de mantemento nos colexios do municipio, completando deste xeito outros traballos que xa se realizaron durante os meses de verán e no Nadal. Neste caso, as obras fixéronse no CEIP Espedregada, en Raxó, e permiten solucionar as filtracións de auga que había no ximnasio. Unhas melloras que se levaron a cabo con fondos propios, e que consistiron en cortar o ladrillo nas xuntas do tellado entre o colexio e o ximnasio, para colocar unha solera de aluminio que evitará que siga filtrando auga. A maiores, tamén se selaron as ventás dese lateral, actuacións que mellorarán de xeito notable o illamento da instalación.

A concellería de Educación, Natalia Sabarís, explica que “eliminamos as goteiras e auga que levaban anos filtrando no ximnasio, e que estaban causando molestias no uso das instalacións pero tamén estaban provocando danos no edificio. Unha situación que, nun curso especialmente chuvioso como o actual, se facía especialmente complicada, e por iso decidimos aproveitar estes días non lectivos no colexio para ofrecer unha solución inmediata sen necesidade de esperar ás vacacións de verán”.

Neste senso, recorda que “para o Goberno o mantemento dos centros escolares é unha prioridade, e por iso estamos en permanente contacto coas directivas dos centros e coas anpas para ir solucionando as principais deficiencias e problemas que teñen”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio