O Concello realiza no lavadoiro de Vilariño as melloras que os veciños levaban quince anos esperando

12/09/2024

Marcial García: “seguimos atendendo ás demandas da veciñanza e dando solucións a pequenos problemas que se acumulan desde hai décadas”.

O Concello de Poio executou melloras no lavadoiro de Vilariño coas que dá resposta a quince anos de reclamacións dos veciños deste lugar. O concelleiro de Obras e Servizos, Marcial García, comprobou os traballos realizados, que incluíron revestir o solo para evitar fugas e solucionar así os problemas de filtracións de auga e limpeza, melloras que permitirán facer uso del durante todo o ano.

“Seguimos atendendo ás demandas da veciñanza e dando solucións a problemas que se acumulan desde hai décadas. Son actuacións pequenas pero fundamentais para mellorar a calidade de vida e os servizos cara as persoas. Demandas históricas que neste Goberno atopan solucións”, sinala García.

Estas melloras, que se fixeron con cargo a fondos propios, inclúense dentro das actuacións que está executando o Concello de Poio polas diferentes parroquias do municipio.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio