O CONCELLO DE POIO CONVOCA UNHA BOLSA DE TRABALLO PARA PERSOAL DE LIMPEZA

13/01/2024

2023.

O Concello de Poio abre o proceso selectivo para crear unha nova bolsa de emprego para persoal de limpeza. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude desde mañá venres e ata o 24 de novembro, ben a través do rexistro xeral (ata as 14.00 horas) ou de forma telemática durante as 24 horas na Sede Electrónica. 

Xunto coa solicitude, para participar no proceso deben acompañar copia do DNI e pago das taxas correspondentes para dereitos de exame, que son 5 euros, e que deberán abonar a través da conta habilitada ou a través de concellopoio.gal. Tamén na páxina web poderán consultar, a través do Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica, as bases xerais e específicas.

Despois de seis anos desde que se constituíu a bolsa de emprego no posto de limpeza, a lista xa non é operativa, e por iso faise necesario convocar un novo proceso selectivo que permita dar resposta ás necesidades do servizo. O concurso-oposición inclúe unha proba, que está pendente de data, e unha valoración de méritos. Segundo a puntuación obtida, os participantes formarían parte dunha lista á que se recorre para substituír baixas, incapacidades temporais ou xubilacións. 

A lista estará formada por un máximo de trinta persoas. Actualmente, o persoal de limpeza traballa nas oficinas municipais, tanto na Casa do Concello, como no Pazo Besada, oficinas da Policía Local ou Casa Rosada, así como nas instalacións deportivas, nos locais culturais, no centro de saúde e nos colexios de infantil e primaria.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio