2023. A Concellería de Igualdade, dirixida pola tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante Poio), informa de que o vindeiro venres, 20 de xaneiro, a partires das 20.00 horas o Casal de Ferreirós (San Salvador) acollerá unha charla coloquio a cargo da fotoperiodista Anna Turbau. Ademais da súa intervención, tamén se proxectará o documental ‘A mirada de Anna’.Turbau é un referente dentro do sector da comunicación, cunha dilatada carreira profesional na que destaca o traballo de campo que levou a cabo a mediados da década dos 70, cando en 1976 levou a cabo o proceso de documentación da construción das primeiras vivendas para familias de etnia xitana construídas no núcleo do Vao. Tal e como lembra Díaz, este foi un proxecto impulsado por César Portela e Pascuala Campos.
A Seca acollerá a segunda edición dun festival gratuíto de música urbana e comercial que aspira a consolidarse como unha...LER MÁIS