2023. A concelleira de Deportes, Marga Caldas (BNG), pasou revista esta semana ao novo céspede de herba sintética, de última xeración, instalado no campo de fútbol da Reiboa. Trátase dunha superficie homologada pola FIFA para a disputa de competicións oficiais. A edil do Goberno local explicou que esta foi unha das actuacións estrela dentro da folla de ruta que o Concello está a completar para consolidar á área da Reiboa como unha zona deportiva multidisciplinar de referencia na bisbarra.Neste sentido, Caldas lembrou que a dotación do novo tapete non é á única tarefa desenvolta no complexo deportivo, xa que tamén se están a acometer traballos de posta a punto na contorna do terreo de xogo.
Un total de 15 restaurantes de todo o municipio ofrecerán tapas, pratos e menús a prezos especiais co bivalvo como...