Investimento de 40.000€ para instalar alumeado público na rúa do Adro e Travesía Porteliña

24/03/2024

O concelleiro de Obras, Marcial García, sinala que “esta actuación permitirá solucionar un problema neste lugar e completar a humanización da zona”.

O Concello de Poio investirá 37.501,20 euros na instalación de alumeado público na rúa do Adro e Travesía Porteliña, en San Salvador, unha actuación que, segundo explica o edil de Obras, Marcial Domínguez, “permitirá solucionar un problema para os veciños desta zona e, deste xeito, completar a humanización real destas rúas municipais, permitirá mellorar a integración da zona e porá en valor todo o entorno”.

Neste senso, García explica que “é unha demanda dos veciños, que non entenden como nunha rúa que se mellorou hai pouco, o anterior Goberno deixou atrás a dotación de puntos de luz”. Iso si, recorda que “abriron os ocos, pero entenderon que non era importante colocar farois. Un proxecto incompleto de humanización ao que agora dámos resposta desde este Goberno”.

Deste xeito, o Concello de Poio incluirá este investimento no plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. Para levar a cabo estas obras é preciso adaptar as cimentacións existentes e colocar columnas e luminarias, así como a conexión á rede, nunha superficie de 375 metros.

“Este é o tipo de xestión que herdamos en Poio, obras que fixeron e non pagaron e outras, como no caso da rúa do Adro e Travesía Porteliña, que fixeron a medias”.

OUTRAS NOTICIAS

Scroll al inicio